O Concello organiza para o vindeiro día 28 de setembro, mércores, unha viaxe-excursión para os veciños e veciñas da terceira idade, con comida totalmente de balde.
A saída será ás 8:30 da mañá diante do Concello de Friol. Dende alí conducirémonos cara Vilalba para almorzar tranquilamente, e seguidamente visitaremos Mondoñedo onde gozaremos de tempo para pasear polos seus paraxes. Despois iremos cara a costa lucense, concretamente a Viveiro, onde degustaremos unha comida de mediodía completa todos xuntos con música de baile ao final. Para rematar o día, daremos un paseo relaxado por Viveiro para logo volvermos a Friol.
Tódolos interesados deberán facer a súa solicitude persoalmente nas oficinas do Concello, de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas, ata o día 23 de setembro.